CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos
Reunión Inicial
4º de Educación Infantil A
Curso 2026 · 2027
QUEN IMOS ACOMPAÑAR AOS VOSOS FILLOS E FILLAS
O profesorado da aula
TITORA
Goretti Díaz
Referente do grupo e primeira canle de comunicación coas familias.
Isabel Domínguez
Mestra de apoio
Luis Ahijado
Inglés
Eva Pato
Música
Ricardo Sánchez
Psicomotricidade
Cristina Rodríguez
Relixión católica
Marta Guerra
Orientadora
01
O período de
adaptación
Os primeiros días no cole, paso a paso e en pequenos grupos.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
En que consiste?
Levaremos a cabo diferentes propostas co obxectivo de:
Un ambiente acolledor e de confianza
Que lles axude aos nenos e nenas a aceptar a separación e a vir máis contentos ao cole.
Comezar a coñecérmonos entre nós
Establecer as primeiras relacións e os primeiros vínculos afectivos.
Situarse na escola e coñecer os espazos
A aula, o baño, o patio… ir facendo seus os espazos do cole.
Coñecer e empregar xogos e materiais
Descubrir todo o que temos na clase e aprender a usalo.
EN DEFINITIVA… QUE SE SINTAN ACOLLIDOS
E TEÑAN GANAS DE VIR AO NOVO COLE!
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Datas e tempos
Do 9 ao 15 de setembro entrarán por quendas, en grupos reducidos e ampliando o tempo cada día.
MÉRCORES
9
3 quendas
45 min por grupo
XOVES
10
3 quendas
1 hora por grupo
VENRES
11
2 quendas
1 h 30 min por grupo
LUNS
14
2 quendas
1 h 45 min por grupo
MARTES
15
Grupo completo
De 10.00h a 13.00h
Setembro de 2026. Nas seguintes diapositivas tedes o detalle de cada día co grupo e o horario que lle corresponde a cada neno e nena.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN · DÍA 1
Mércores 9 de setembro
4º EI A
9.30h – 10.15h
Álvarez Núñez, Nahia
Armesto Prieto, Emma
Bouso Rodríguez, Mía
Casares Yáñez, Nicolás
Castro Franco, Ian
Coutado López, Eros
10.30h – 11.15h
Fernández Llano, Eloy
Hernández Romero, Arabia
Lopete Lopes, Aaliyah
López Fernández, Ares
López Estívalis, Zoe
Mera Gómez, Martiño
12.30h – 13.15h
Peñuela Palomino, Samuel
Pumar González, Uxío
Rodríguez Souto, Xano
Rodríguez Verao, Vera
Torres Castañeda, Evelyn Saray
PERÍODO DE ADAPTACIÓN · DÍA 2
Xoves 10 de setembro
4º EI A
9.15h – 10.15h
Fernández Llano, Eloy
Hernández Romero, Arabia
Lopete Lopes, Aaliyah
López Fernández, Ares
López Estívalis, Zoe
Mera Gómez, Martiño
10.30h – 11.30h
Peñuela Palomino, Samuel
Pumar González, Uxío
Rodríguez Souto, Xano
Rodríguez Verao, Vera
Torres Castañeda, Evelyn Saray
12.30h – 13.30h
Álvarez Núñez, Nahia
Armesto Prieto, Emma
Bouso Rodríguez, Mía
Casares Yáñez, Nicolás
Castro Franco, Ian
Coutado López, Eros
PERÍODO DE ADAPTACIÓN · DÍA 3
Venres 11 de setembro
4º EI A
9.30h – 11.00h
Álvarez Núñez, Nahia
Armesto Prieto, Emma
Bouso Rodríguez, Mía
Casares Yáñez, Nicolás
Castro Franco, Ian
Coutado López, Eros
Fernández Llano, Eloy
Hernández Romero, Arabia
Lopete Lopes, Aaliyah
12.00h – 13.30h
López Fernández, Ares
López Estívalis, Zoe
Mera Gómez, Martiño
Peñuela Palomino, Samuel
Pumar González, Uxío
Rodríguez Souto, Xano
Rodríguez Verao, Vera
Torres Castañeda, Evelyn Saray
PERÍODO DE ADAPTACIÓN · DÍA 4
Luns 14 de setembro
4º EI A
9.15h – 11.00h
López Fernández, Ares
López Estívalis, Zoe
Mera Gómez, Martiño
Peñuela Palomino, Samuel
Pumar González, Uxío
Rodríguez Souto, Xano
Rodríguez Verao, Vera
Torres Castañeda, Evelyn Saray
12.00h – 13.45h
Álvarez Núñez, Nahia
Armesto Prieto, Emma
Bouso Rodríguez, Mía
Casares Yáñez, Nicolás
Castro Franco, Ian
Coutado López, Eros
Fernández Llano, Eloy
Hernández Romero, Arabia
Lopete Lopes, Aaliyah
PERÍODO DE ADAPTACIÓN · DÍA 5
Martes 15 de setembro
TODO O ALUMNADO
de 10.00h a 13.00h
Xa entra o grupo completo, sen quendas.
A partir do mércores 16: horario completo de 9.00h a 14.00h
PERÍODO DE ADAPTACIÓN · COMO ACOMPAÑAR DENDE A CASA
Organización e algúns consellos
ACTITUDE
Transmitirlles confianza, seguridade e alegría cara a esta nova aventura.
ANTICIPACIÓN
Crear unha rutina horaria que se siga ao longo do curso (horas de sono, comidas regulares…).
DESPEDIDA
Non alargar a situación nin aferrarnos aos nenos, pero tampouco marchar sen despedirnos ou dicíndolles pequenas mentiras. É recomendable despedirnos serenamente e con alegría.
COMPARACIÓN
Cada neno/a é un mundo e todos se adaptarán de maneira diferente. Deámoslles tempo e respectemos os seus ritmos individuais.
PACIENCIA
Cóntovos un segredo?
Todos conseguen adaptarse e vir felices ao cole!
A PARTIR DO MÉRCORES 16 DE SETEMBRO
Horarios lectivos
9.00h – 14.00h
O alumnado acudirá á escola en horario completo e poderá comezar a empregar o comedor e o transporte.
Psicomotricidade
Martes e venres.
Ese día veñen co chándal do colexio.
Extraescolares
Xestionadas pola ANPA.
Para calquera consulta sobre horarios e inscricións, dirixídevos á ANPA.
CURSO 2026/2027
Lista de material
Onde a atopades
  • Está colgada na páxina web do centro e tamén nas librerías.
  • Á lista hai que engadirlle un rolo de gomets.
  • Os libros son dous por curso (LÓXICO-MATEMÁTICAS).
TODO TEN QUE VIR NUNHA BOLSA CO NOME POR FÓRA
Todo marcado
O nome ten que verse dende fóra, sen abrir nada: bolsa, mandilón, abrigo, botella, tuppers…
02
Relación
familia · escola
Unha comunicación fluída é a mellor ferramenta que temos.
CANLES DE COMUNICACIÓN
Abalar Móbil
abalarMóbil
Aplicación habilitada pola Xunta de Galicia
Descargádea no móbil
Consultar
As faltas de asistencia e as notas do voso fillo ou filla.
Comunicarse
Escribir á titora e ao centro, e pedir titorías.
Recibir avisos
Información do centro e da aula, sempre actualizada.
Como empezamos?
Tedes que descargar a aplicación e serei eu quen vos envíe unha mensaxe; a partir de aí xa me poderedes escribir.
03
Información
do centro
Horarios, servizos e normas do día a día.
INFORMACIÓN DO CENTRO
Entradas, saídas e servizos
ENTRADA
8.50h – 9.00h
Os de 3 anos podedes entrar con eles ata a porta.
SAÍDA SEN COMER
13.50h
Recollida na porta á hora indicada.
COMEDOR
13.50h – 14.30h
Servizo de comedor escolar do centro.
TRANSPORTE
Saen ás 15.00h
Os autobuses saen do cole a esa hora.
BIBLIOTECA
15.00h – 16.00h
Avisade á titora dos días que se vai quedar.
TARDUGA
16.00h – 17.00h
Actividade xestionada pola ANPA.
Servizo de madrugadores: para contratalo tedes que falar directamente coa ANPA.
INFORMACIÓN DO CENTRO
Titorías, faltas e saídas
TITORÍAS
Martes de 15.30h a 16.30h
Poderédelas solicitar a través de Abalar Móbil, en persoa ou por teléfono.
FALTAS DE ASISTENCIA
  • Deben xustificarse á mestra en persoa, por teléfono ou a través da aplicación.
  • Se un día chega tarde ou tedes que vir recollelo/a, iredes á conserxería e será o conserxe quen o leve á aula ou o vaia buscar.
SAÍDAS E EXCURSIÓNS
  • Son voluntarias.
  • Para saír pola contorna asinades agora unha autorización que serve para todo o curso (aínda así avisamos sempre por Abalar).
  • Nas excursións fóra de Monforte enviamos autorización e ningún neno/a irá sen ela.
INFORMACIÓN DO CENTRO
Merenda e cumpreanos
MERENDA
  • Case sempre se realiza dentro da aula (se vai bo tempo podemos ir á pérgola).
  • Serán merendas saudables e do seu agrado: as chucherías e a bollería industrial non están permitidas.
  • A poder ser, que todo sexa reutilizable (tuppers, botellas…).
Orientacións: lácteos · bocadillo · froita
CUMPREANOS
  • Celébranse todos xuntos a finais de mes.
  • Non se poden traer doces nin agasallos para os compañeiros.
  • Facemos un agasallo grupal que levarán para a casa.
  • Non se reparten invitacións (agás que sexan para todo o alumnado da clase).
INFORMACIÓN DO CENTRO
O día a día na aula
MUDA
  • Cada neno/a debe ter unha MUDA COMPLETA na aula.
  • Durante o 1º trimestre teremos unha rapaza da ANPA que nos axuda a mudalos cando sexa preciso.
  • É importante traballar o control de esfínteres e non traer pañal ao cole. De ser necesario, braga-pañal.
XOGUETES
  • Non se poden traer xoguetes da casa.
  • Na aula temos materiais e xogos pensados para todos, e así evitamos perdas e conflitos.
ROUPA
  • Cómoda e fácil de poñer por eles mesmos, para traballar a súa autonomía.
  • IMPORTANTE: todo con nome.
ALERXIAS E INTOLERANCIAS
  • Precisamos informe médico para poder actuar con seguridade.
  • Comunicádenos calquera cambio ao longo do curso.
04
Metodoloxía
Como imos aprender ao longo deste curso.
METODOLOXÍA
Que imos facer?
Experimentar, manipular e xogar moito.
OS NOSOS CATRO OBXECTIVOS PARA ESTE CURSO
Normas e rutinas
Benestar emocional
Vínculos e socialización
Autonomía
Dedicaremos tempo a propostas que favorezan o desenvolvemento integral do alumnado: tocando, mirando, ulindo, saboreando, sentindo, explorando, descubrindo, xogando… e así APRENDEREMOS.
METODOLOXÍA
Que imos traballar?
1º TRIMESTRE
O cole e o meu nome
É fundamental coñecer o cole e o seu propio nome, así que xiraremos arredor destas dúas temáticas.
2º TRIMESTRE
112. Cal é a túa emerxencia?
Achegarémonos aos servizos de emerxencia e ao que podemos facer nós.
3º TRIMESTRE
Temática por concretar
Concretarase ao longo do curso e comunicarémolo ás familias.
A través destas temáticas traballaremos a lóxico-matemática, a lecto-escritura, a arte…
METODOLOXÍA
Secuencias anuais
Que son?
Propostas que permiten ver a progresión e o avance que van experimentando os nenos e nenas nos diferentes ámbitos ao longo de todo o curso.
Esquema corporal
O nome
Grafismo creativo
E outras máis…
PARA TER EN CONTA
Importante
Relación familia · escola
É fundamental unha relación fluída: comunicade calquera cambio no ámbito familiar ou escolar, e tamén calquera cousa que vos preocupe ou coa que non esteades de acordo.
Revisar mochilas e aplicación
Diariamente, lendo e respondendo as notas que se envíen.
Ser puntuais
A puntualidade favorece as rutinas dos nenos e nenas e axúdalles a entrar tranquilos.
Calquera dúbida, aquí estamos. Contade con nós.
Que comece
a aventura!
CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos
← → para pasar · F pantalla completa · I índice
Xira o móbil na horizontal para velo mellor

Reunión Inicial · 4º EI A

CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos · Curso 2026/2027